|
CHAMAMENTO Á REFLEXIÓN E IMPLICACIÓN DA
SOCIEDADE
ACCIÓNS
EN CONTRA DESTE FENÓMENO
Para remetar, o CDG quere facer dende aquí un chamamento á
REFLEXIÓN.
Sabemos que hai moita xente
que na actualidade está a loitar contra esta nova moda
pro-escocesa nas bandas
de gaitas, dende colectivos, asociacións ou agrupacións ata
as bandas de gaitas que manteñen o verdadeiro estilo tradicional
galego. Esto, sen dúbida, danos forzas para informar, concienciar
e implicar a moita xente que, por non estar o suficientemente informada,
pensa que a imaxe que se está a dar é a de Galicia e a da
súa música. Coidamos que todo o relacionado con este asunto
está confundindo e enganando á xente, trocando o camiño
evolutivo e destruíndo as bases culturais da nosa tradición
musical, abrindo unha paréntese e interrumpindo a evolución
cultural e musical de Galicia.
...ata ó ex-Presidente
da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne,
gustaríalle tocar
nunha banda de gaitas marciana...
Ti, como visitante desta WEB, tes que saca-las túas propias conclusións.
Despois desta análise
crítica, cremos que chega o momento de implicarse. A pesares de
que existen asociacións e colectivos que loitan pola defensa da
música tradicional galega, aínda queda moito por facer. Dende
aquí queremos animarte a que fagas algunha destas cousas:
- Escribir e mandar cartas de protesta á sección Cartas al
Director dos
xornais galegos máis
importantes.
- Escribir e mandar cartas de protesta á Real Banda
de gaitas e á
Escola Provincial de
gaitas da Deputación de Ourense (Apdo. 520 E. 32080 Ourense,
rbo@realbanda.com).
- Unirte e solidarizarte coas protestas organizadas por asociacións
e
colectivos galegos con
motivo de actuacións dalgunha das bandas de gaitas que
incorporan elementos
alleos a nosa música.
- Comenta-lo tema cos teus familiares, amigos, veciños, etc. para
sabe-la súa opinión…
- Dar a conocer esta páxina WEB (www.cdg.es.vg), a nosa Edición
Especial ou fanzine (PULSA
AQUÍ PARA DESCARGALO EN FORMATO PDF) e o noso folleto informativo (PULSA
AQUÍ PARA DESCARGALO EN FORMATO PDF)
- ...e moitas cousas máis.

Banda
"Buxaina" (Taragoña, A Coruña) e Banda "Manxadoira"
(Bueu, Pontevedra)
Estos dous exemplos son os
que o CDG e moitísima xente defende:
bandas de gaitas con sabor
a galego, é dicir, con gaitas tradicionais,
percusión tradicional,
traxes tradicionais e estética tradicional. En definitiva,
unha verdadeira mostra
representativa da tradición cultural e musical galega
Outro
dos exemplos máis claros de compromiso coa nosa música é
a Banda de Gaitas "Airiños de Fene" de Fene (A Coruña). Na
súa páxina web (www.airinhosfene.es.vg)
aparece un fragmento no que claramente quedan explicados os motivos polos
que esta banda emprega un estilo tradicional, afastándose de calquer
aproximación ó modelo escocés de banda de gaitas:
¿Por
que Airiños de Fene
é
unha banda tradicional?
(...) gústanos presumir de ser unha banda tradicional porque coidamos
que é o correcto e porque somos sabedores de que temos unha cultura
propia que non ten nada que envexar a outras.
En “Airiños de Fene” consideramos que unha banda tradicional é
aquela que coma nós está formada íntegramente por
instrumentos tradicionais galegos (dende as gaitas á percusión).
Sen que isto queira dicir que estemos en contra da innovación.
Innovación para nós é o uso de novas tonalidades na
gaita galega que non sexan as tradicionais redonda en Do, grileira
en Re ou (a utilizada pola nosa banda) a tumbal en Si
b. Tamén se pode dicir que innovación foi no seu día
a incorporación dun segundo e terceiro bordón á gaita
galega (a ronquilla e o chillón), dende sempre no lado dereito da
gaita. Ou mesmo a incorporación de novos materiais na construcción
de gaitas (sempre que o son e o timbre sigan sendo o mesmo de sempre).
En cambio, o colocar os xa mencionados chillón e ronquilla ó
lado do ronco, a utilización de percusión que cambia totalmente
o son ledo da gaita galega, a utilización de bastóns de mando
para dirixir e lucirse estilo "Majorette", os malabarismos sobre "timbais
de batería" (que soan coma un bombo apagado), o paso e a "estética"
militar, o facer rodas dándolle as costas ó público
(cousa de mala educación), a vestimenta "unisex" para que sexa máis
"estético" (máis guay) e a interpretación de pezas
de culturas e países que están a milleiros de Kms. e que
pouco poideron influir na historia da nosa gaita e das nosas percusións,
para nós non son innovacións son unha pura copia cun fondo
complexo de inferioridade. Este mesmo complexo que hai nas bandas de
gaitas irlandesas (onde se creou ó igual que aquí unha gaita
de marcha), nalgunhas bandas asturianas (onde tamén xa se fan gaitas
con tres roncos) ou nas bandas bretonas (que tocan coa Highland Pipe escocesa
en substitución da súa propia) fará que algún
día (non mentres exista "Airiños de Fene") en tódalas
culturas chamadas dun xeito máis ou menos discutible "celtas" sonen
as mesmas melodías acompañadas polas mesmas percusións
e porque non, as mesmas gaitas.
Banda de gaitas "AIRIÑOS
DE FENE"
Banda de gaitas "Airiños
de Fene" (A Coruña)
Finalmente,
gostaríanos rematar esta WEB informativa cun fragmento dunha "Carta al Director" publicada
en Setembro de 1995. O contido desta reflexión tamén é
compartido na súa totalidade polo CDG. O seu autor (Xaime Estévez
Vila) analiza perfectamente e da a súa
opinión sobre o que naqueles anos estaba acontecendo, e que ben pode identificarse
coa triste, lamentable e vergonzosa realidade que aínda hoxe estamos a vivir:
Perigo
de extinción para a gaita galega
(...) Pero a cuestion é se debemos respetar, permitir sen máis
esta
manifestación
cultural ou danse circunstancias que obrigan o mundo tradicional galego
a unha defensa propia: Por qué están algúns coletivos
de Gaiteiros tan preocupados polo tema.
Algúns puntos poden ser os seguintes:
1. O desenvolvemento deste fenómeno pon en perigo a corto prazo
a propia existencia da cultura tradicional galega: deixanse de construir
instrumentos de percusión e gaitas galegas, deixase de tocar repertorio
galego coa estilística propia nosa. É dicir, o que se fai
non é ademáis de, senon en lugar de (plántanse eucaliptos
onde antes había carballos).
2. Estáse a perde-la oportunidade histórica de que en
Galicia teñamos unhas bandas de gaitas orixinais (explotables e
interesantes culturalmente), coa nosa propia idiosincrasia e partindo dos
elementos que o rico folclore musical nos aporta.
3. Estánse a promover esquemas musicais doutras culturas alleas
á nosa: militarización dos gaiteiros, instrumentos de percusión
que ahora hai que importar, pérdida da identidade estética
e sonora do gaiteiro galego.
4. Estánse a suplantar os instrumentos propios por outros importados
ou fotocopiados: gaita, percusión...
5. Estáse cada vez máis e progresivamente a interpretar
repertorio foráneo, pérdese pouco a pouco a identidade cultural
(regálaselle á Infanta Elena co nome de Muiñeira unha
peza musical que non pode selo polo seu esquema tonal, nin polo seu esquema
melódico, nin polo seu esquema armónico).
6. Extensión preocupante do fenómeno a outras provincias...
Ante esta preocupante situación, algunha proposta:
A) Animar a que a Real Banda de Gaitas e agrupacións semellantes
a quepoidan seguir a súa libre e lexítima manifestación
cultural dentro do contexto democrático no que estamos.
B) Animar á Real Banda e agrupacións semellantes a que
no futuro
soliciten ser subvencionadas
polo Goberno do Reino Unido xa que están a
promocionar dun
xeito notorio a Cultura daquel país en Galicia e levando un traballo
de colonización moi evidente en favor dela.
C) Animar á Real Banda e agrupacións semellantes a que
cedan as axudas que ata agora recibía en Galicia, coa finalidade
de fomentar o floclore musical galego dentro e fora do noso país,
creando, por exemplo, escolas ou conservatorios de música tradicional
galega.
Por último quixera apoiar os plantexamentos pacíficos e informativos
que os colectivos de gaiteiros están a facer, dende a miña
opinión sen intención política algunha, pero co sentimento
de persoas que se sinten agredidas e indefensas ante o desenvolvemento
deste cancro cultural do que somos víctimas actualmente no floclore
musical galego.
Quero rematar confiando en que a boa política que se fai no noso
país noutros ámbitos chegue tamén a cultura tradicional
galega cun plantexamento global no que non teñan cabida iluminados
e falsos investigadores, polo de agora esta é unha asignatura pendente.
Polo de agora a gaita galega é unha especie en perigo de extinción.
Xaime Estévez Vila. Vigo
NON AGARDES MÁIS...
Envía
un Correo Electrónico (E-MAIL)...
rbo@realbanda.com
...á
Escola Provincial de Gaitas e á Real Banda de gaitas
da
Deputación de Ourense
como
sinal de protesta pola situación que está a atravesa-la
MÚSICA
TRADICIONAL GALEGA
MOITÍSIMAS
GRACIAS por
informarte
 
¿ORIXINAL ou
COPIA?
|